O 7 de abril o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo un encontro coa escritora Rosa Aneiros.
Rosa ten unha longa traxectoria no mundo da escrita e recibíu unha morea de premios por varios dos seus libros, como o Premio Merlín de Literatura Infantil por "Xelis, o guieiro das botella de mar" ou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade con "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea".
A lectura que realizaron os nenos e nenas foi a recentemente publicada "Faísca, a nena neandertal", escrita por Rosa Aneiros e ilustrada por Xulia Pisón.
Rosa explicounos o proceso de investigación que tivo que realizar para documentarse e poder escribir o libro e respondeu a unha chea de preguntas que tiñamos preparadas. Tamén puido ver parte do traballo realizado polo alumnado sobre Faísca.
Ao final da visita, houbo tempo de que asinase os exemplares dos libros como recordo deste día. Quedarán no estante de lectores autónomos, na letra A, onde incorporamos unha foto de Rosa que indicarán onde se atopan os seus libros.
Para a biblioteca dos tesouros foi un pracer contar con Rosa e esperamos que poida volver noutra ocasión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario