O alumnado do Club de Lectura estivo a preparar uns contacontos coa temática de Nadal, para o alumnado máis pequeno da escola.
Unha das propostas foi empregando o kamishibai que temos na biblioteca, creando elas mesmas as ilustracións das láminas e os textos. Co título de "Misterio no Nadal" deleitaron ao alumnado de educación infantil cunha fermosa historia, na que empregaron tamén algunha marioneta.
Outra prosposta, esta vez dirixida ao alumnado de 1º e 2º de primaria foi un pequeno teatro rimado, tamén inventado por os nenos e nenas do Club de Lectura. As marionetas tamén serviron para dar vida a esta historia de Nadal, que mantivo moi atentos a todos os nenos e nenas.
Agradecemos o esforzo do alumnado de 6º de primaria que participou nesta actividade, así como ás encargadas do club de lectura, Begoña Santiago e Begoña Romero.
Neste pequeno video podedes ver unha pequena mostra desta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario