No mes de decembro a biblioteca estivo chea de actividades para todas as idades, nas que tiveron unha activa participación os axudantes da biblioteca deste 1º trimestre.
Por unha banda o alumnado de 3º a 6º tivo unha xornada de xogos na biblio, no que puideron utilizar os xogos de mesa, o recanto LEGO, o espazo de informática, o recanto de lettering e crear marcapáxinas de Nadal con papiroflexia. Foi unha sesión lúdica, despois de meses de estudo nas aulas, ben merecida polo esforzo realizado.
Pero os peques da escola non quedaron sen actividade, disto encargáronse os axudantes da biblioteca do 1º trimestre, que prepararon un contacontos de Nadal. Para organizalo escolleron un conto e curso ao que querían ler, xuntánronse en varias sesións na biblioteca para coñecer o libro, dominar a lectura e, incluso, preparar actividades complementarias, como marionetas, decorados e manualidades.
Felices Festas e Boas Lecturas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario