07/10/2024

BENVIDOS E BENVIDAS Á BIBLIOTECA DOS TESOUROS

O 7 de outubro a biblioteca dos tesouros abre as súas portas con moitas novidades lectoras para todos os nenos e nenas da escola. Nas imaxes veredes algunhas delas, pero haberá algunhas lecturas máis que iremos incorporando pouco a pouco. 

Esperamos moitas visitas nestes primeiros días, xa hai moitas ganas de ler, xogar e compartir no tempo de lecer.




Ademais no corredor da escola a Pescadora de Historias fixo unha pequena escolla de libros sobre a amizade, o respecto, a convivencia... e deixouvos varias mensaxes moi importantes, non deixedes de lelas ;-)








Ningún comentario:

Arquivo do blog