07/01/2024

ARTIGOS DAS BOLSAS 2º TRIMESTRE CURSO 2023-2024

No 2º trimestre ofrecemos dúas opcións para complementar ás bolsas dos tesouros. 

En primeiro lugar un VIDEO sobre como condicionamos aos nosos fillos e fillas, explicado pola psicóloga infantil Beatriz Cazurro.

https://aprendemosjuntos.bbva.com/especial/como-condicionas-a-tu-hijo-beatriz-cazurro/

En segundo lugar recomendamos unha GUÍA DIDÁCTICA sobre a desinformación. Unha vez aberto o enlace, á esquerda da páxina tedes varias unidades didácticas e, cada unha, e contén uns videos dinámicos e divertidos que explican a nenos e nenas que é a desinformación, como saber cando unha noticia pode ser falsa... 

Tamén pode ser unha información valiosa para os responsables dos nenos e nenas, xa que moitas veces non somos conscientes de toda a desinformación que nos rodea. 

Esta guía foi elaborada pola Universidade de Vigo, coordinada por Alberto Dafonte Gómez, director tamén dos videos didácticos. Nos créditos atoparedes todas as persoas que participaron na elaboración deste proxecto financiado con fondos públicos. 

Enlace á guía didáctica: 

https://procomun.intef.es/ode/view/es_2023072812_9141644

Enlace ao primeiro dos videos (hai 8 en total):

https://www.youtube.com/watch?v=b-lpV7zD99Y

Esperamos que toda esta información sexa do voso interese.


Ningún comentario:

Arquivo do blog