Os maiores tamén tiveron o seu Preguntón polo Día do Libro. Como outros anos, un xogo de preguntas e pistas, buscando información pola biblioteca, Museo do Xogo Popular e, neste caso, exposición dos oficios tradicionais.
Despois de contestar as preguntas, comprobaron as respostas e, ao remate, tiveron que adiviñar que letra se agochaba na proba final e entre todos compoñer unha palabra, lugar onde atoparían un pequeno tesouro.
As palabras foron variadas: árbore, radio, clase.... dependendo do tempo meteorolóxico que sempre marca as actividades do cole.
O importante é que xogando descubren cousas, recordan outras, traballan en equipo, buscan información e, ademais, pasan un rato divertido.
Esperamos seguir preguntando con Preguntón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario