lunes, 13 de abril de 2009

Para O SEGREL DO PENEDO...MOITOS BICOS


Estas vacacións recibimos moitos agasallos!!!. Entre eles, este "Selo Violeta" que nos enviaron dende a biblioteca do IES de Fene, "O Segrel do Penedo". Así, que, dende aquí, querémoslle dar as grazas e un montón de bicos por pensar en nós!!
Mais, cando se recibe este premio hai que cumplir unha serie de normas:
- Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
- Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.
E o noso agasallo vai para:
-Ratos de escola
Os nosos dous poderes máxicos son:
- O feitizo da Pescadora de Historias!!
- A maxia dos tesouros que hai escondidos na nosa biblioteca!!

jueves, 9 de abril de 2009

Gracias, Raioteca, polo teu agasallo!!


Fai unhos días recibimos un AGASALLO do blogue da Biblioteca do CEIP de Andrade, bueno, mellor dito de "RAIOTECA"!!!!
Concedeunos o premio "OLLA QUE BLOG MANEIRO", que significa, máis ou menos: "Olla que blog tan chulo".
!Estou encantadísimaaaaaaa, e os nenos e nenas do cole tamén. Así que
!!!!GRAZAS!!!!!!!!!!!!!!!!!
Mais este premio conleva unha cuantas cousiñas:
1ºExhibir a imaxe do premio
2ºPoñer o nome do blog que nolo concedeu
3ºNominar a 10 blogues preferidos
4º Avisar a estes 10 blogues
5º Publicar as reglas
6º Comprobar que os blogues sigan estas regras
Así que nós pasamos o premio a ....
- A GÜINO: BIBLIOCOUCEIRO
- BIBLIOCOVAS
- LER E ESCRIBIR. ESCRIBIR PARA LER
- BIBLIOTECA EN MAIÚSCULAS PARA XENTE MINÚSCULA
- DE MOITAS CORES
- BLOGUELENDO
- XIRALIBRONOFLEMING
- BIBLIOMAGDALENA
- ORBILMANÍA
- ENDL CEIP DE BERGANTIÑOS