lunes, 23 de abril de 2012

"CONTOS EN VERSO PARA NENOS PERVERSOS"

CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL


Hoxe Iago contou aos nenos e nenas de infantil  "A CINCENTA", pero a versión que fixo ROALD DAHL, 

O xogo dos títulos.


Consiste en emparellar o título,  dalgúns dos libros de Roald Dahl,  coas representacións plásticas que fan referencia a eles,  e que deberás descubrir.
INSTRUCIÓNS:
  1. Le os rótulos cos títulos. 
  1. Observa as representacións plásticas.
  1. Emparella título e representación. 
  1. Cubre o papel cos resultados. 
  1. Entréga o papel  á túa profesora. 
PREMIOS:
  1. Por cada acerto recibirás un  BILLETE WONKA.
  1. Ao final da semana, segundo os billetes que consigas, recibirás un REGALO. 




Aquí tes unha mostra das representacións plásticas e dos rótulos. 

ANIMATE E PARTICIPA!

Comenza a SEMANA DO LIBRO no noso colexio!

Hoxe comenzamos a SEMANA DO LIBRO cunha morea de actividades arredor da figura de ROALD DAHL.

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA: "QUENTIN BLAKE ILUSTRA A ROALD DAHL"


O ALUMNADO ENCHE AS AULAS COS SEUS LIBROS DE ROALD DAHL PARA LER NA "HORA DE LER"


PUBLICIDADE 


EXPOSICIÓN DOS SEUS LIBROS NA BIBLIOTECA


CARTEIS INFORMATIVOS POLOS CORREDORES 




miércoles, 4 de abril de 2012

Formación para os encargados de manter os equipos informáticos da biblio.

Víctor Varela, o coordinador TIC do noso centro, formou a varios alumnos de 6º curso para que se encargasen do mantimento de tódolos equipos informáticos da biblioteca. Os resultados foron estupendos xa que, dende que se puxo a cuadrilla a traballar, os equipos da biblioteca están funcionando perfectamente.
¡Noraboa a todos!


martes, 3 de abril de 2012

¡Os xoves contacontos con Iago!

Iago é un profesor novo no colexio, é un experto en papiroflexia e en contar contos. Tódolos xoves temos sesión de contacontos e estamos encantados. Aquí van unhas imaxes e o noso agradecemento por colaborar coa Pescadora de Historias e facer felices a tódolos nenos do colexio.