mércores, 20 de decembro de 2017

xoves, 7 de decembro de 2017

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO

Como acontece con frecuencia na nosa biblioteca, e por mor da celebración do Mes da Ciencia en Galego,  preparamos unha mesa de novidades con algúns exemplares da nosa biblioteca de carácter científico. 

 

Aproveitamos tamén para lanzar desde esta páxina un reto ao noso alumnado...

 "Polo novembro as noites van crecendo" "Despois de Santa Lucía mingua a noite e medra o día" Será certo o que nos conta o refraneiro popular galego -a sabedoría popular raras veces se equivoca- convidamos a investigar sobre o tema porque na clase de ciencias sociais non nos contaron o mesmo. A explicación é sinxela pero teremos que pescudar a resposta.

 

Para rapaces,  rapazas e para os maiores da casa que teñean inquedanzas científicas recomendamos a seguinte lectura:

 

 

¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO?

 

[A idade do universo, o seu tamaño, por que se expande...]

Jorge Mira


Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia:  Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras.
O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas:
¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo?
¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas?
¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?
¿Cal é a idade do universo?
¿E o seu tamaño?
¿Que quere dicir que o universo se expande?
¿E a que velocidade o fai?
¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?..
Escrito en colaboración con María Canosa e ilustrado por Dani Padrón.

O test do estudante

Preme aquí para facer o test e comprobarás se eres ou non un bo estudante.

SEMANA DO LIBRO

EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA

OS IRMÁNS GRIMM

OS IRMÁNS GRIMM
Preme para ler os contos

BLOGS DE APOIO Á BIBLIOTECA

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS
Preme no listado

COMO UTILIZAR O CATÁLOGO ONLINE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL. FORMACIÓN DE USUARIOS.

BLOGS DO PLAMBE DE FERROL

Violencia de xénero. Información para xóvenes e adolescentes.

Grupo TELECOM. Fundación ORANGE

Grupo TELECOM. Fundación ORANGE
Autismo, discapacidade visual e auditiva,

Arquivo do blog

"LA CLARIDAD DE LA SOMBRA"

"LA CLARIDAD DE LA SOMBRA"
CRISTINA PRIETO SOLANO (preme na imaxe)

ETIQUETAS

O test do estudante

Preme aquí para facer o test e comprobarás se eres ou non un bo estudante.

Entradas populares

Seguidores

Related Posts with Thumbnails