08/03/2018

Día Internacional da Muller

O Día Internacional da Muller conmemora a loita das mulleres pola súa participación en igualdade na sociedade. Segundo a ONU o 8 de marzo de 2018 é o momento para reflexionar sobre os avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres de a pé que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.




Desde o noso centro e desde a propia biblioteca traballamos arreo para que  a igualdade sexa unha realidade e non unha mera declaración de intencións.





Desde hai algún tempo na biblioteca temos unha selección de lecturas para dar a coñecer mulleres que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos enfrontándose ás moitas barreiras de xénero impostas e dar os primeiros pasos dunha longa andaina. O camiño andado é moito pero cómpre lembrar que en pleno século XXI vivimos situacións anacrónicas e, que en xornadas como a de hoxe tentamos visibilizar, facer patentes pero tamén darlle pulo ás inquedanzas de construír un futuro mellor e fuxir da abulia social fronte ás inxustizas. ¿Serán as nosas lectoras e lectores, mulleres e homes de futuro..., as últimas persoas que teñan que reivindicar dereitos tan obvios?


 


Ningún comentario:

Arquivo do blog