xoves, 19 de novembro de 2020

RECOMENDACIÓNS BIBLIOGRÁFICAS

 


Ciencia contra a desinformación na pandemia de COVID-19
 
A continuación adxuntamos unha Ligazón á canle de divulgación científica de

Deborah García Bello


Colección: Divulgación

Sinopse

    A actual pandemia de COVID-19 abriu un verdadeiro burato negro de incertidume e inseguridade. Deborah García Bello, unha das mellores divulgadoras científicas do  noso país, resolve as principais dúbidas en relación coa pandemia e ofrécenos os consellos máis útiles e sensatos para afrontar esta crise. Lembremos: ante a dúbida, pudor e ciencia.

Un libro urxente e necesario. Unha arma de construcción masiva para que a evidencia científica se impoña diante da desinformación. 

A actual pandemia de COVID-19 é como un burato negro de incertidume e inseguridade. Vivimos nunha situación de excepción e polas fendas do medo colan informacións, a miúdo sen mala intención, que poden ser moi prexudiciais para a poboación. por iso debemos armarnos co noso mellor recurso, a evidencia científica.

NO TOCAR é un ensaio sensible e certeiro da situación no que Deborah García Bello, unha das mellores divulgadoras científicas do noso país, ademais de ofrecernos os consellos máis útiles e sensatos para afrontar esta crise, dará resposta a estes e outros interrogantes.

Ante a dúbida, pudor e ciencia.

Ningún comentario:

Arquivo do blog

Seguir por correo electrónico