13/10/2021

 Este ano por fin podemos abrir a biblioteca do cole de Esteiro, xa que,  segundo o protocolo covid,  o aforo das bibliotecas escolares será o mesmo que o das bibliotecas públicas.

   Para celebrar tal acontecemento, a PESCADORA DE HISTORIAS convidou a cada nena e neno de infantil e repartiu unha INVITACIÓN para acudir á biblioteca.


 Cada clase estaba moi emocionada e sacamos unha foto coa mascota:





  Aproveitamos a visita para recordar as normas, ler un conto e realizar a FORMACIÓN DE USUARIOS, para poder así realizar o empréstito de libros a primeira semana de outubro.


   A sección literaria de infantil está dividida por zonas a través dunha serie de magos con diferentes cores, asignándolle a cada cor un tipo de libros, como podemos ver na seguinte ligazón:


 

Ningún comentario:

Arquivo do blog