PESCADORA DE HISTORIAS


O tempo pasa e a pescadora de historias tivo que xubilarse para gozar de novas aventuras persoais.  Agora aproveitará para seguir viaxando polo mundo e para mergullarse en novas lecturas pero coa calma do traballo xa feito... Alguén tiña que asumir o papel da "Pescadora de Historias" e como non; coller o testemuño na nosa biblioteca. Sempre houbo axudantes da pescadora e nalgunha delas medrou o xermolo do traballo paseniño pero a reo que fai posible o funcionamento deste espazo máxico da nosa escola. Pouco a pouco a nova pescadora vaise facendo cos aparellos de pesca, mergullándose nese fermoso mundo dos libros que nos axuda a viaxar e vivir fantásticas aventuras coa ferramenta máis preciada que temos os humanos e algúns ratos de de biblioteca, a imaxinación. Por iso necesitabamos unha imaxe renovada da nosa bitácora, algo no que andamos a argallar neste intre. Agardámosvos a todas e todos na nosa Biblioteca Chea de Tesouros.


 










Ningún comentario:

Arquivo do blog