24/02/2018

NA LINGUA QUE EU FALO

Na lingua que eu falo


Najla Shami


Najla Shami canta a Rosalía Castro


Na lingua que elas falan, na lingua que falamos e que queremos seguir falando. Cancións dunha elegancia feliz. Músicas que son coma un tremor rosaliano. Actualización da poeta ao século XXI. E a voz de Najla Shami, desde a profundidade dun dicir e dun cantar ás veces delicado, ás veces profundo. Sempre suxestivo. "Na lingua que eu falo" é un agasallo para os corazóns. Cada canción, un latexo. Rosalía pentagramada en aires novos.



23/02/2018

DÍA DE ROSALÍA

No noso centro tamén nos sumamos á celebración do día de Rosalía que se conmemora o 24 de febreiro. Desde o equipo de dinamización lingüística proxectáronse varias actividades relacionadas coa poesía de Rosalía empregáronse distintas unidades didácticas entre elas as ofrecidas pola Asociacións de Escritores en Lingua Galega. Quebracabezas, ilustración de poemas, xeroglíficos, sopas de letras..., mesturáronse coas poesías da nosa senlleira mestra das letras. Desde a biblioteca achegáronse ás aulas distintos exemplares das súas obras e algunhas antoloxías poéticas con obras coñecidas da autora, así como unha biografía.

IMAXE: Rosalía por Luis Sellier. 
Fins dos 70 ou principios do 80 do século XIX. (A Coruña). 
Colección da RAG

19/02/2018

NOVIDADES PRIMEIROS LECTORES

Á volta do Entroido os primeiros lectores atopáronse cunha nova selección de lecturas feita pola pescadora de historias. Pasádeo ben!













16/02/2018

POESÍA A SACO

Dado que nos atopamos nun curso escolar moi poético deixámosvos uns saquiños de poesías polas aulas.




En cada lote atoparedes unha selección de títulos adaptados ás diferentes idades e con autores moi coñecidos como Antonio García Teijeiro, Gloria Sánchez... Tamén hai autores clásicos como Rosalía, Celso Emilio....







Presentación da actividade:










Ademais presentamos as novas adquisicións da nosa biblioteca:



11/02/2018

06/02/2018

NOVAS SOBRE A PESCADORA DE HISTORIAS

O tempo pasa e a pescadora de historias tivo que xubilarse para gozar de novas aventuras persoais. Agora aproveitará para seguir viaxando polo mundo e para mergullarse en novas lecturas pero coa calma e a tranquilidade dun traballo ben feito... Si, un traballo que debía continuar! Alguén tiña que asumir o  papel da "Pescadora de Historias" e, como non!, coller o testemuño na nosa biblioteca. Sempre houbo axudantes da pescadora e nalgunha delas medrou o xermolo do traballo paseniño pero a reo que fai posible o funcionamento deste espazo máxico da nosa escola. Pouco a pouco a nova pescadora vaise facendo cos aparellos de pesca, mergullándose nese fermoso mundo dos libros que nos axuda a viaxar e vivir fantásticas aventuras coa ferramenta máis preciada que temos os humanos e algúns ratos de de bibliotecaa imaxinación. Por iso necesitabamos unha imaxe renovada da nosa bitácora, algo no que andamos a argallar neste intre. Agardámosvos a todas e todos na nosa Biblioteca Chea de Tesouros.


http://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com.es/p/blog-page_5.html

02/02/2018

LECTURAS COMPARTIDAS

Esta é a nosa segunda sesión de lecturas compartidas… porque a ler tamén se aprende vendo ler, ademais do agradable que é que lean para nós!.
Neste segundo encontro os nen@s de cuarto, Aurelio e Lola, lenlle aos de primeiro un conto que xa coñecen,” A Ratiña”, pero que cada vez é diferente, segundo quen o lea, onde… é un efecto máxico que teñen as historias!.
Lola e Aurelio fixérono moi ben. Os alumn@s de primeiro escoitaron con moita atención, foi un público estupendo!
                                 Moitas grazas a tod@s por compartir este momento!!!!





Arquivo do blog