18/05/2009

13/05/2009

Ramón Piñeiro

(Premios Sociedade Información 08: Modalidades B: Vídeos educativos)

10/05/2009

02/05/2009

DÍA DO LIBRO


O día do libro foi un día grande para nós por moitos motivos: o Concello invitounos a abrir a maratón de lectura que se levou a cabo no salón de actos de Caixa Galicia; colocamos na entrada do noso cole unha "Pescadora de Historias" de casi dous metros de altura;inauguramos unha exposición de libros curiosos para nenos, nenas e adultos; recibimos un agasallo da Pescadora de Historias, nada menos que unha tarta de libros!; impuxémoslles as medallas aos axudantes da biblioteca...
En canto á exposición de libros había un pouco de todo: un facsímil do Quixote publicado en Barcelona no ano 1876 e ilustrado por Doré e Aurelio Teno; contos rusos e ucranianos; un libro do Museo do Prado con toda a colección existente, obras expostas e obras que están almacenadas; o número 1 do ano 1933 da Revista da Residencia de Estudiantes; un conto de Aldous Huxley para nenos e nenas; un fácsimil do conto que escribíu e ilustrou Tolkien para os seus fillos;un libro de fotografías dos anos 50 da fotógrafa Inge Morath que traballou para a axencia Magnum; o primeiro cómic en galego, "Xofre", donde se estrenaban ilustradores como Miguelanxo Prado, Xan López Domínguez, Fan Jaraba e outros; un libro de imáxenes insólitas da Terra tomadas dende un globo aerostático; un precioso libro da obra completa, pictórica e gráfica, de Leonardo da Vinci;varias revistas e volumes da nosa cidade, Ferrol...
Aquí van unhas cuantas imaxes que ilustran estes eventos.

Arquivo do blog