02/05/2009
DÍA DO LIBRO
O día do libro foi un día grande para nós por moitos motivos: o Concello invitounos a abrir a maratón de lectura que se levou a cabo no salón de actos de Caixa Galicia; colocamos na entrada do noso cole unha "Pescadora de Historias" de casi dous metros de altura;inauguramos unha exposición de libros curiosos para nenos, nenas e adultos; recibimos un agasallo da Pescadora de Historias, nada menos que unha tarta de libros!; impuxémoslles as medallas aos axudantes da biblioteca...
En canto á exposición de libros había un pouco de todo: un facsímil do Quixote publicado en Barcelona no ano 1876 e ilustrado por Doré e Aurelio Teno; contos rusos e ucranianos; un libro do Museo do Prado con toda a colección existente, obras expostas e obras que están almacenadas; o número 1 do ano 1933 da Revista da Residencia de Estudiantes; un conto de Aldous Huxley para nenos e nenas; un fácsimil do conto que escribíu e ilustrou Tolkien para os seus fillos;un libro de fotografías dos anos 50 da fotógrafa Inge Morath que traballou para a axencia Magnum; o primeiro cómic en galego, "Xofre", donde se estrenaban ilustradores como Miguelanxo Prado, Xan López Domínguez, Fan Jaraba e outros; un libro de imáxenes insólitas da Terra tomadas dende un globo aerostático; un precioso libro da obra completa, pictórica e gráfica, de Leonardo da Vinci;varias revistas e volumes da nosa cidade, Ferrol...
Aquí van unhas cuantas imaxes que ilustran estes eventos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Arquivo do blog
ETIQUETAS
actividades
(25)
actividades biblioteca
(148)
animacións
(17)
arte
(11)
artigos bolsas de tesouros
(15)
autoras e autores
(34)
Bibliotecas
(23)
ciencia
(34)
cine
(7)
club de lectura
(23)
día da Paz
(3)
día de Rosalía
(6)
divulgación
(19)
educación infantil
(37)
ENQUISAS
(1)
Guías da biblioteca
(6)
historia
(12)
igualdade
(17)
ilustradores
(7)
Lectores autónomos
(23)
lecturas recomendadas
(82)
letras galegas
(18)
lingua e literatura
(45)
matemáticas
(2)
música
(15)
novidades
(26)
novidades biblioteca
(14)
personaxes
(7)
pescadora de historias
(8)
prelectores
(23)
primeiro e segundo
(38)
primeiros lectores
(21)
produción propia
(13)
proxectos
(22)
quinto e sexto
(49)
RADIO
(1)
revista escolar
(9)
terceiro e cuarto
(35)
tradición
(14)
valores
(22)
xogos
(18)
4 comentarios:
Preciosa mostra tanto no contido coma no continente. Cuchi tedes a biblio preciosa... que envexa que os de secundaria perdamos esa delicadeza.
E grazas polo recurso. Tomamos nota no blogfesquío.
Un bico
Prabéns por esa exposición tan interesante, que pena non poder desfrutala en vivo e en directo. Outra vez será!!!
Un agarimoso saúdo de RAIOTECA.
Prezada "Cuchi" (averigüeino polo anterior post) quéroche agradecer o agasallo do bloguemaneiro. Fíxonos moita ilusión.
Gústame tanto o alcume "pescadora de historias", está moi ben.
Bicos
Publicar un comentario