Hoxe, o día da inauguración da nosa BE, acabámonos de enterar que o Ministerio de Cultura otorgoulle o Premio Nacional de Literatura Infantil ao galego Agustín Fernández Paz coa súa obra "O único que queda é o amor", editada por Xerais e Anaya.Así que nunca esqueceremos este día pola súa singularidade... creo que ademais isto é un bo presaxio...!!!!
Este premio distingue ao mellor libro de literatura infantil publicado ao longo do ano 2007 en calquera das linguas oficiais que se falan en España.
!As nosas máis sinceras noraboas e parabéns!!!!!!!
Agustín Fernández Paz: Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008
Agustín Fernández Paz foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 polo seu libro O único que queda é o amor, publicado por Xerais no pasado mes de decembro.
O único que queda é o amor, do que Xerais está preparando a segunda edición, é un fermoso libro de relatos, ilustrado por Pablo Auladell,
no que hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos
personaxes: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e
descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de
transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén
experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores
rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor
adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as
persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o
aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan
Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os
libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.
Este libro de Agustín leva acadado xa os máis importantes premios:
Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e
Xuvenil do ano 2007 – Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega
(Infantil-Xuvenil), 2007 – Premio Nacional de Literatura Infantil e
Xuvenil 2008.
1 comentario:
Yo lei un libro deste autor y me encanto mucho ,para mi es el mejor autor,me centraba mucho en el libro y fue como si estubiera dentro del libro..
besos de chocolate.
Publicar un comentario