01/11/2011

O XOGO DOS EDIFICIOS ENCANTADOS.

Premendo na páxina GALICIA ENCANTADA encontrarás 8 historias de casas, torres , castelos encantados... de varias provincias galegas.
Son relatos curtos e arrepiantes  que falan de encantamentos;  de aparicións misteriosas; de sucesos extraordinarios que aconteceron  nos seus interiores e,  case sempre, pola anoitecida.  
Os datos destes relatos estában recollidos nunha táboa, mais por mor dun feitizo de quen sabe quen, embarulláronse de tal maneira que agora non cadran. A túa labor consistirá en desembarullalos.
PASOS A SEGUIR.
1. Preme aquí para conseguir a táboa. 
2. Le os textos con atención e vai  ordeando os datos colocando os números nos cadriños  que lles correspondan.
3. Unha vez que ordenes a información, pon nome, apelidos e curso e entrega a táboa ao teu titor ou ben á persoa encargada da biblioteca. 
Nota: o relato titulado "O mouro rouba os zapatos" non está recollido nesta táboa por ser excesivamente curto. 
O PRÓXIMO MARTES, DÍA 8, PUBLICARANSE OS RESULTADOS E O LISTADO DE GAÑADORES. 

Ningún comentario:

Arquivo do blog