02/02/2015

Hoxe visitounos Marcos Calveiro

Hoxe recibimos a Marcos Calveir

o que nos veu falar sobre a súa novela
"Palabras de auga". 

 

 

 Participaron o alumnado de 5º e 6º de primaria. 

Marcos explícalles como creou o universo de Amadou, un neno de ficción que podería representar a calquera rapaz que vive na actualidade no centro de África. 
Díxolles que para fiar o argumento documentouse moitísimo, incluso estudou swahili, porque quería que a súa historia fose una crónica do que está a acontecer nesta parte de África: os nenos soldados; a loita durísima pola supervivenza; o negocio das minas de coltán…; e que , collendo de aquí e de acolá  xogos, costumes, etc.,  teceu esta realidade que, sen axustarse a nada, abrangue todo ese mundo de escravitude, de pobreza e miseria; dese mundo que existe para que nós teñamos este noso. 


O libro é unha auténtica marabilla. A linguaxe,  quzais un pouco complexa para estes nenos que ademais de pequenos non falan galego, pero traballámolo como lectura colectiva de aula e iso facilitou a comprensión.  
A todos lles fixo mella descubrir que aí abaixo, non moi lonxe da punta de Europa, existen realidades nunca imaxinadas. 
A mestura de galego e swahili tamén lles chamou moito a atención, foi coma un xogo de deducións e os xogos gústanlle moito á rapazada. 
Os saltos temporais servíronnos para introducilos nun modo de narrar ao que non están habituados e non foi tampouco este un escollo insuperable. 
Os temas: amizade, familia, loita pola supervivenza, escravitude… axudáronlles a ver máis alá do seu mundo. 
Hai libros que se len e se disfrutan no momento, pero "Palabras de agua" é un deses que se queda no corazón.

Grazas, Marcos, segue deleitándonos coas túas palabras. 


Ningún comentario:

Arquivo do blog