A pescadora de Historias acaba de facer unha selección de títulos cos que desexa fomentar e promover o debate e a reflexión sobre as nosas actuacións diante de diferentes situacións, cotiáns ou non, que poden xerar conflitos.
No día de hoxe fixo entrega, a cada clase, dun lote de libros para a súa lectura comentada. Desexa que estes libros servan de axuda para confeccionar o noso "Decálogo do colexio feliz" que sairá deste traballo colectivo do alumnado da nosa escola e que terá como colofón a celebración conxunta do Día da paz, o trinta de xaneiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario