Co motivo da celebración do día das Letras galegas a Pescadora de historias proponlle ao alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria unha "Cita a cegas cun libro en galego..."
Os títulos foron seleccionados entre a ampla variedade de fondos en galego cos que conta a nosa colección. Cada libro vai acompañado dunha mensaxe que convida ao namoramento...
Os/As participantes atoparanse tamén cun pequeno texto para a reflexión de Fran Alonso, agasallo que acabamos de recibir da Asesoría de Bibliotecas Escolares co motivo do "Día do libro e dos dereitos de autor"
Non vos perdades o vídeo do final co resultado das citas...
Continuará...
Ningún comentario:
Publicar un comentario