08/03/2019

OITO DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




   Desde a nosa biblioteca, querémonos unir tamén neste día reivindicativo. Preparamos unha pequena selección de libros e exemplares de revistas que poñan de relevo a figura feminina e resalten a necesidade de mellorar no ámbito da igualdade que ten a nosa sociedade. Sigamos pois o lema que desde a propia ONU nos ofrecen este ano: "Pensemos en igualdade, constrúamos con intelixencia, innovemos para o cambio" , que coloca a innovación por parte das mulleres e as nenas, para as mulleres e as nenas, no centro dos esforzos para lograr a igualdade de xénero. 

   Fagamos pois que, a modo de berro seco,  a voz de todas as mulleres que claman pola igualdade sexa a voz unánime da nosa sociedade, un berro no que todos nos integremos ao unísono.

Ningún comentario:

Arquivo do blog