31/01/2020

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

   Este ano preparamos o día da paz traballando a figura dunha muller ecoloxista, activista medioambiental e política Kenyana: Wangari Muta Maathai. Dentro de cada aula, ao longo de toda a semana, desenvolvéronse actividades relacionas coa súa figura. Asemade foise elaborando o tronco dunha árbore con distintas polas para fixar nelas as follas. Eliximos o carballo pola simboloxía que ten para nós os galegos ao tratarse dunha árbore autóctona de Galica propia da vexetación clímax do noroeste. Nenas e nenos de toda a escola decoraron unha folla na que figuraba o seu nome e ao longo do día elixido foron baixando en grupos a encher de follas a nosa árbore.

    Despois ás doce xuntámonos arredor dela para entregar as nosas pingas de auga, decoradas dentro de clase, nelas figuran palabras relacionados coa paz.

 



As actividades desenvolvéronse tamén dentro das clases ao longo da semana. Tamén houbo algunhas mostras polas portas e corredores da escola.






Ningún comentario:

Arquivo do blog