10/03/2020

NOVAS ADQUISICIÓNS E IGUALDADE

A biblioteca non para e a Pescadora de Historias tampouco. Algunhas novidades e pequenos cambios para dinamizar o noso espazo. Todos os días do ano traballamos a prol da igualdade pero neste mes de marzo cómpre salientar este tema e lembrar que o día oito de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. 

 

Preparamos caixas de libros con referencias a temas de igualdade e repartíronse polas aulas. Os traballos de aula sobre este tema víronse complementados nas horas de lectura con esta aportación da Pescadora de historias.

 

 



 

Outra das cousas que podemos mencionar son uns andeis para exposición das novas adquisicións nos corredores da escola xusto diante da nosa biblioteca. O obxectivo é chamar a atención sobre estas obras recentes que se van incorporando ao noso catálogo e que forman parte das novidades. Trátase de libros de préstamo no xeito habitual pero que se poden recoller nestes andeis para proceder logo a solicitalos no sistema  co carné de lector.


 




Outras novidades pasan pola adquisición de novos xogos para o tempo de lecer dentro da nosa biblioteca, os novos tesouros son variados e desta vez tamén puxemos a nosa ollada no xogo cooperativo, a diversidade e a igualdade como centro de interese destes xogos.









Ningún comentario:

Arquivo do blog