22/04/2020

LECTURAS COMPARTIDAS

Desde a nosa biblioteca facémonos eco da seguinte proposta de AULAS GALEGAS

AG.- O poeta Fran Alonso adoita utilizar as imaxes, fotografías, colaxes, graffittis para inspirar e acompañar aos seus versos. Neste poemario “Cidades” o mundo das nosas cidades é o protagonista: os seus personaxes, as paisaxes urbanas, o mobiliario, os transportes… coma nun grande plató cinematográfico.

A maioría dos galegos e as galegas vivimos hoxe en cidades e coñecemos moi ben todas as historias que o poeta vigués nos reflicte nos seus versos. Nestes tempos de confinamento as imaxes das nosas vilas e cidades son inusitadas, están baleiras de xente (pero non de vida). Seguindo o exemplo de Fran Alonso animádevos a crear ou recrear uns versos que reflictan o mundo das nosas rúas en tempos de confinamento e xa postos, poderiamos acompañalos dunha imaxe (un deseño ou unha fotografía) para ilustralos.


https://www.youtube.com/watch?v=govaqvMLX6g&feature=youtu.be






Se queres coñecer máis propostas de AULAS GALEGAS podes a través da seguinte ligazón: https://aulasgalegas.org/

Ningún comentario:

Arquivo do blog