01/10/2021

90 ANOS DO SUFRAXIO FEMININO EN ESPAÑA

Hoxe, 1 de outubro cúmprense 90 anos da histórica votación nas Cortes Constituíntes da II República que deu forma legal ao dereito do voto femininino, unha data clave para reivindicar a tenaz e distinguida figura da avogada e política feminista Clara Campoamor (1988-1972).

 Traemos aquí un libro, para que os maiores da casa e para todos aqueles que queiran achegarse dun xeito diferente a estes feitos. Trátase dunha novela gráfica sobre o movemento sufraxista español: Una mujer, un voto de Alicia Palmer e Montse Mazorriaga.

 

SINOPSE:

Mari Luz, unha rapaza de provincias, chega a Madrid para traballar como cigarreira na Real Fábrica de Tabacos. Alí coñecerá a Justi e a outras cigarreras que lle abrirán os ollos e a introducirán na loita polos seus dereitos, entre eles, o do voto para a muller.

Una mujer, un voto describe o complexo proceso político polo que a muller acadou este dereito na España de 1931, así como a personalidade e o papel que desempeñó neste logro Clara Campoamor e a toma de consciencia política e a peripecia persoal de Mari Luz.

"Una mujer, un voto" é unha homenaxe a todas as mulleres que loitaron polo voto feminino a principios do século xx.

 

Alicia Palmer

Montse Mazorriaga



Ningún comentario:

Arquivo do blog