24/02/2022

CLUB DE LECTURA

 

No mes de decembro comezou a andaina do club de lectura do CEIP de Esteiro. Retomamos esta actividade despois dun curso, no que non se desenvolveu por mor da situación sanitaria, con moitas gañas e ilusión.

Temos dous clubs, “Os cazalibros” en 6ºA  e “Os lectores do espacio” en 6ºB.

Xa levan uns cantos libros lidos: "Robinson Crusoe", "Manolito Gafotas", "Este no es mi zoo"...

Agora mesmo “Os cazalibros” están a ler “A marabillosa medicina de George” de Roal Dahl e “Os lectores do espacio” len  “Gato cegato busca perro guía” de Gisela Asensio.



 

As reunións están a ser un martes ao mes de 14.00 a 16.00, así que nenos e nenas do club quedan a comer na biblioteca e despois partillan sobre o libro, o que lles gustou, o que non... Nas seguintes fotos veredes aos "Cazalibros" nunha das súas reunións :-)





 

É unha actividade voluntaria así que desde o Equipo de Biblioteca estamos moi contentos de que haxa tanto alumnado interesado en participar.

Este mes creamos un pequeno espazo no corredor para que poidan expresar opinións, creacións...

Seguiremos informando!

Ningún comentario:

Arquivo do blog