08/03/2022

CAIXAS TEMÁTICAS POLO 8M

 Desde a biblioteca, como xa vén sendo costume, comezamos a repartir as nosas caixas temáticas polas aulas onde a rapazada poderá acceder a lecturas alternativas, con historias variadas pero tamén con personaxes femininas que aparecen como protagonistas. Abordando temas xa traballados na escola pero enfocando as olladas desde outro prisma. Este ano como novidade inclúense algúns xogos coas caixas para poder compratilos entre os distintos cursos.

 Os acontecementos do día a día fan necesario un compromiso desde todos os ámbitos, pero especialmente desde o educativo e familiar para  seguir loitando por unha igualdade real na nosa sociedade.







Ningún comentario:

Arquivo do blog