22/04/2022

DÍA DO LIBRO 22 de abril de 2022

 

Para conmemorar o Día do Libro celebraremos, como ven sendo habitual nos últimos anos, o concurso “O Preguntón”.

Cada curso, desde infantil a primaria, poderá coller un cuestionario que xirará en torno ás lendas de Galicia. Tamén haberá algunha pregunta sobre a revista “O Papagaio” así como preguntas sobre localización de información, tellos dos libros....

 

Desde o equipo de biblioteca escollemos o tema das lendas, para darlle difusión ao traballo realizado no 2º trimestre por todo o alumnado da escola e así poder compartir entre todos e todas, a información investigada nestes meses. Os carteis realizados polo alumnado teñen incorporados os nomes das lendas en LSE e en BRAILLE, sistemas de comunicación traballados nas aulas en colaboración co noso Departamento de Orientación e a mestra da ONCE que colabora co noso centro.

Para resolver o cuestionario a pescuda de información realizarase no interior da biblioteca, tanto nos libros sobre lendas de Galicia como nos Papagaios, así como no corredor da mesma consultando os carteis feitos polo alumnado.




 

A semana do 19 ao 22 de abril o alumnado recolleu o seu cuestionario, e recibiron unha pequena explicación por parte do persoal do equipo, en colaboración coas titorías.  A semana do 25 ao 29 de abril, será cando cada curso acudirá á biblioteca na súa quenda para resolver as preguntas. Poderán facelo en pequeno grupo, parellas ou de xeito individual.

Esperamos que sexa un momento de aprendizaxe, diversión e emoción.

 


Ningún comentario:

Arquivo do blog