Un ano máis o alumnado de 6º de primaria foi animado a participar no club de lectura e a resposta foi moi boa, así que temos dous grupos: Os buscadores de tesouros e Os cazalibros.
As reunións comezaron a final de outubro e, polo momento, levamos dúas. Nas primeiras sesións ademais de acordar o libro que se lerá nese mes, tamén se escolle un nome para o club, facemos un carné... e este ano, como novidade, fixemos unha chapa estreando a máquina que mercaron no cole.
Xuntámonos un martes ao mes e recuperamos a tradición de que un dos membros do club traia a sobremesa. Como veredes nas fotos degustamos unha saborosa torta dedicada a "As bruxas" de Roald Dahl, un dos libros escollidos por ambos grupos de lectura.
Á volta das vacacións de Nadal retomaremos as reunións e comentaremos "As bruxas" e "Manolito gafotas", libros de lectura escollidos a finais deste mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario