"As bruxas" de Roald Dahl foi unha das lecturas escollidas por ambos grupos do club de lectura, uns leron o libro no mes de novembro e outros en decembro.
No espazo creativo que temos no corredor da escola están expostos os materiais elaborados a raíz desta lectura, entre os que destacamos o "knolling literario".
O "knolling" é unha tendencia fotográfica que consiste en crear unha composición de elementos dispostos de forma ordeada e fotografiados desde un ángulo cenital, de modo que todos eses elementos vense nunha soa ollada. Esta técnica pode aplicarse ao mundo da literatura creando un knolling literario con elementos representativo do libro. O neno ou nena terán que dispoñer os obxectos en paralelo ou de forma organizada, de forma que coa composición poida explicar o significado dos distintos elementos e relacionalos coa lectura do libro.
A continuación ofrecemos unhas fotos onde podedes ver o resultado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario