Este curso, o noso centro foi seleccionado para participar no programa "Radio na Biblio". Hai unhas semanas, o profesorado tivo unha sesión formativa a cargo de Radio Espora, entidade que escollimos para realizar a formación.
Agora foi a quenda do alumnado, en concreto os nenos e nenas de 5º de primaria. Para realizar a formación tiveron que preparar un pequeno guión que puideron gravar co novo equipo de radio. Denís Losada, foi o encargado da sesión, na que houbo tempo de coñecer a parte técnica, os recursos e falar un pouco da elaboración de guións ; e tempo para a parte práctica, na que acudiron en grupos de cinco á biblioteca para realizar a gravación dun pequeno podcast.
Esperamos que esta nova liña de traballo sexa beneficiosa para o noso alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario