"O meu gato é un poeta" de Fran Alonso foi o punto de partida dun taller de poesía levado a cabo polos dous grupos do club de lectura deste curso.
A poesía é unha conta pendente porque non é unha lectura que habitualmente o alumnado escolla por iniciativa propia, así que ler polo menos un libro de poemas é un obxectivo para os que organizamos as actividades do club.
Este libro en concreto é moi dinámico, xa que inclúe códigos QR, poemas narrados, música... é un libro interactivo que ofrece moitas posibilidades.
Entre as propostas do taller destacamos a elaboración dun acróstico, creación de haikus, deseño de caligramas así como a escritura de poemas.
Nas imaxes tedes parte dos materiais elaborados e, como veredes, non se lles da nada mal esto da poesía...
Ningún comentario:
Publicar un comentario