No Club de Lectura programamos unha visita a unha librería, neste caso a Central Librera, na rúa Dolores en Ferrol. Ao ser unha actividade realizada pola mañá acudiron tanto o alumnado que participa no Club de Lectura como o resto de nenos e nenas de 6º de primaria.
Na visita Alberto, o dono da librería, falou sobre as orixes da mesma, xa que é unha librería fundada no ano 1950 por Antonio Justo. Trancorridos 73 anos, as paredes desta tenda agochan moitos segredos e historias e non só as dos propios libros.
No enlace podedes ver unha entrevista que lle fixeron a Alberto Justo, con motivo do cambio de ubicación da librería, que aínda que segue na mesma rúa, agora está nun local novo. Non deixedes de visitala!
Ningún comentario:
Publicar un comentario