13/06/2023

ACTIVIDADES CURSO 22-23

O curso chega ao seu fin e é momento de mirar atrás e ver todo canto pasou este ano na Biblioteca dos Tesouros. Por fin retomamos as actividades paralizadas pola pandemia e recuperamos a biblioteca como espazo de encontro, de lecer, de aprendizaxe... 

Moitas propostas son xa habituais na escola, outras son actividades que suceden por primeira vez; unhas cousas saen mellor e outras haberá que repensalas... pero, sen dúbida, a biblioteca estivo chea de vida todos os meses do curso, e ese é o seu verdadeiro tesouro. 

No video poderedes ver parte do vivido, non está todo pero si moitas das actividades e experiencias que compartimos. 

Grazas a todos e todas, nenos e nenas, profesorado, familias; grazas a toda comunidade educativa pola colaboración e o bo facer.



Ningún comentario:

Arquivo do blog