01/06/2023

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Este curso puidemos organizar de novo os apadriñamentos lectores, actividade onde o alumnado de 5º e 6º de primaria prepara unhas lecturas para os nenos e nenas de 5º e 6º de infantil. 

Primeiro realizamos unha sesión de presentación na biblioteca, así coñécense pequenos e maiores, falan dos seus gustos e van creando un pequeno vínculo. Despois, os maiores da escola van á biblioteca para escoller algún libro ou conto axeitado para o seu afillado ou afillada. Por último, chega o día das lecturas, que son ao aire libre aproveitando o bo tempo. 

Cando remata a lectura os padriños e madriñas entregan un pequeno agasallo aos seus afillados.

No video poderedes ver como se desenvolveu a actividade. 






Ningún comentario:

Arquivo do blog