02/10/2023

APERTURA DA BIBLIOTECA DOS TESOUROS

Coa chegada do mes de outubro, a nosa biblioteca abre as súas portas e, como non poder ser de outra maneira, cunha morea de novidades editoriais.

Na entrada da biblioteca están a esperar libros informativos e de ficción tanto para prelectores, como para primeiros lectores e lectores autónomos.



Seguimos apostando por incorporar libros informativos en galego, como estes de Blanca Millán: 


Os libros sobre mulleres pioneiras seguen a aumentar nos nosos estantes, como "Galegas na ciencia" ou "Mujeres en el deporte":


Non esquencemos as peticións do alumnado, incorporando novos volumes de coleccións que lles gustan como "Diario de Greg", "Gravity Falls", "Narval"...



Para os prelectores aumentamos a colección de libros sorpresa (mago laranxa) que son os máis solicitados, incorporando varios libros da colección do Polo Pepe, personaxe moi querido entre os máis pequerrechos e pequerrechas.

Tamén apostamos pola banda deseñada en galego e os libros xogo como a colección "Busca y encuentra" que está entre as favoritas do alumnado de 4 e 5 anos.


Esperamos que todos estes libros sexan do interese do alumnado e non estean moito tempo nos estantes. Benvidos e benvidas á Biblioteca dos Tesouros!


Ningún comentario:

Arquivo do blog