Este ano convidamos a Pepablo Patinho a celebrar con nós o Día das Bibliotecas Escolares. Pepablo é autor, director, autor teatral e tamén fundador de Teatro dos Ghazafellos, compañía que tivemos a sorte de ver o curso pasado na escola.
Algo que igual non sabedes é que Pepablo estudou no cole de Esteiro, así que para el esta visita era algo especial e para nós tamén, por suposto!
Na súa faceta de autor escribe poesía, teatro e tamén narrativa. Escolleu para este día dúas das súas obras: "Lúa" e "Receitas para cociñar o ar".
Compartirmos con el historias, risas e ata un pouco de maxia. Tanto pequenos como maiores desfrutaron un montón, así que foi unha xornada perfecta :-)
Se queredes ler algunha das súas obras podedes pedilas na biblioteca da escola, todas son estupendas e son lecturas que afondan en valores universais como o coidado do planeta, o respecto e amor pola natureza, o dano que provocan as guerras...
Grazas Pepablo por vir, esperamos que che gustara voltar a túa escola aínda que fose só por unhas horas. O cole de Esteiro sempre será a túa escola!
Ningún comentario:
Publicar un comentario