20/01/2024

AS BOLSAS DOS TESOUROS

Todas as semanas visitan as vosas casas as bolsas dos tesouros, unha proposta orientada a fomentar a lectura en familia. 

As bolsas que circulan no curso actual son 24 e os encargados de que esta actividade se realice son Begoña e Xurxo, realizando varias tarefas como:

  • recoller todas as bolsas, aula por aula, os martes
  • revisalas e contestar a todos os comentarios
  • buscar aos nenos e nenas que levan a bolsa, os mércores,  para que escollan os libros que irán nela
  • rexistrar no programa informático o empréstito

Ademais as bolsas inclúen un código QR que dirixe a unha serie de artigos pensados para as familias, con contidos educativos. Todos os trimestres hai novos artigos, que podedes consultar aquí: 

https://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/search/label/artigos%20bolsas%20de%20tesouros

Rematado o 1º trimestre realizouse unha selección dos debuxos, que agora están expostos na cortiza da biblioteca, no 1º andar da escola. Polos comentarios que enviades esta é unha actividade motivadora e interesante para nenos, nenas e familias, que permite realizar novas lecturas, aprender e divertirse. 










Ningún comentario:

Arquivo do blog