No mes de de cembro, o alumnado participante no Club de Lectura realizou unha visita ao centro de maiores que está preto da nosa escola, a DomusVi.
A actividade consitíu en compartir un ratiño coas persoas maiores que viven no centro, a través da realización dunha lectura compartida do libro de Charles Dickens "Conto de Nadal".
Tamén lles agasallaron con varias postais elaboradas polos nenos e nenas, con moito éxito por certo.
Pero os "Buscadores de Tesouros" tamén tiveron unha doce recompensa, unha saborosa merenda de churros con chocolate... Vaia sorpresa!
Grazas ás mestras encargadas do club, Begoña Romero e Begoña Santiago, por organizar esta actividade.
No video veredes como se desenvolveu a visita, esperamos que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario