Comezamos os apadriñamentos lectores, co alumnado de 5º e 6º de infantil. No caso dos nenos e nenas de 5 e 6 anos xa coñecen aos seus padriños e madriñas do curso pasado, no que compartiron tempo de lectura e xogos. O alumnado de 5º de primaria encontrábanse por primeira vez aos seus afillados e afilladas, nun encontro no que compartiron un pouco de conversa para comezar a coñecerse e, de paso, algún conto e debuxo, que sempre une moito.
En breve os peques de 4º de infantil coñecerán aos seus padriños e madriñas de 4º de primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario