Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección coa difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Felipe Criado-Boado, arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. Foi Premio nacional de investigación 2023.
Na escola, xa estamos a preparar varias actividades promovidas desde a biblioteca dos tesouros, a primeira xa está en marcha, facilitando bibliografía científica en galego a todas as aulas de infantil e primaria. Temos novidades moi interesantes que incorporamos este curso, xa que sempre estamos atentos ás novidades de libros informativos en galego :-)
Se premedes na imaxe accederes ao manifesto de 2024 e a unha morea de actividades que se realizarán en diferentes bibliotecas de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario