Finaliza o trimestre e temos que agradecer, unha vez máis, a implicación das familias na actividade das bolsas dos tesouros. Ler en familia pode ser algo divertido e instructivo á vez que crea un hábito lector fundamental nestas idades.
A Pescadora de Historias revisa todas as semanas os cadernos e deixa a súa pegada para que saibades que sempre lle gusta ler os comentarios e ver os vosos debuxos.
Na cortiza do primeiro andar tedes unha pequena selección de debuxos realizados ao longo deste trimestre. Esperamos que vos gusten e que visitedes esta pequena exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario