Os buscadores de tesouros levan varias reunións do club de lectura lendo diferentes libros que están a gustar bastante.
Respecto aos xéneros literarios, a novela está a ser a protagonista pero xa estamos facendo unha pequena incursión noutros xéneros, como a banda deseñada.
Ata o de agora estas foron as lecturas realizadas:
Grupo A
- "Manolito Gafotas" de Elvira Lindo
- "A marabillosa medicina de George" de Roald Dahl
- "Cuando brillan las estrellas" de Victoria Jamieson
Grupo B
- "A señorita Bubble" de Ledicia Costas
- "O segredo do lagarto Arnal" de Andrea Maceiras
- "Desde o corazón da mazá" de Juan Farias
A continuación, veredes un video con algunhas actividades que estiveron a realizar os nenos e nenas do club de lectura de 6º A. Esperamos que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario