23/02/2025

DÍA DE ROSALÍA 2025

Polo Día de Rosalía fixemos unha pequena selección de fondos na que poderedes coñecer a súa biografía e obra, así como ler algúns dos seus poemas máis coñecidos. 


Ademais o Equipo de Dinamización de Lingua Galega organizou unha actividade relacionada coa Radio Escolar sobre esta relevante escritora co gallo da conmemoración do día do seu nacemento, o 23 de febreiro. Tratouse da gravación dun programa de radio conducido polos nenos e nenas de 5º e 6º d primaria, autores do guión do mesmo. Os alumnado de 1º a 4º de primaria contestou a algunhas preguntas sobre a vida e obra de Rosalía e os nenos e nenas de infantil recitaron as primeiras estrofas de "Adios ríos, adiós fontes". Un programa especial de Radio Buxaina que podedes escoitar no seguinte enlace: 

https://www.ivoox.com/polo-dia-de-rosalia-audios-mp3_rf_140284269_1.html



Ningún comentario:

Arquivo do blog