28/03/2025

BOLSAS DOS TESOUROS 2º TRIMESTRE 24-25

Cantos debuxos e palabras bonitas recibe a Pescadora de Historias en cada bolsa dos tesouros :-)

Agradecemos que vos estean gustando os libros tanto a pequenos como a maiores e temos moi en conta todos os vosos comentarios. Como cada trimestre, na cortiza da biblioteca están expostos algúns dos debuxos e comentarios que fixéchedes. 

Comezamos xa a nova quenda de libros e contos, esperamos que vos gusten tanto coma os do 2º trimestre.  

Moitas grazas ás familias por colaborar nesta actividade!



27/03/2025

27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O mes de marzo é un mes onde coinciden unha morea de commemoracións importantes para unha biblioteca escolar: 

  • 2º semana de marzo: Semana da Prensa
  • 17 de marzo: Día do Cómic e do Tebeo
  • 20 de marzo: Día da Narración Oral
  • 21 de marzo: Día da Poesía e Día da Marioneta
  • 27 de marzo: Día Mundial do Teatro
Este ano centrámonos no Día Mundial do Teatro por ser a temática escollida pola Asesoría de Bibliotecas Escolares como lema do curso 24-25. Coa lenda "Biblioteca escolar, a escena!" a ilustradora Xoana Almar representa unha obra de teatro do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar". Premendo na imaxe poderás descargar o cartaz e ler unha información máis completa sobre o mesmo.


No corredor da escola temos unha pequena exposición de materiais, seleccionados e colocados polos axudantes de biblioteca. Unha morea de libros e marionetas para ler, xogar e interpretar, a disposición de nenos e nenas da escola, 








Longa vida ao teatro!






25/03/2025

ARTIGOS BOLSAS DOS TESOUROS 3º TRIMESTRE 24/25

Comezamos coa entrega das bolsas dos tesouros do 3º trimestre, xa que é un trimestre máis curto e queremos que todos os nenos e nenas poidan disfrutar da súa bolsa ou mochila. 

Como sempre complementamos as lecturas das bolsas cuns artigos e videos dirixidos ás familias. Neste caso a selección foi a seguinte: 

Artigo: RELACIÓN ENTRE IRMÁNS escrito pola experta en atención temperá Alejandra Melús.

   Peleas entre hermanos y hermanas

Video: APRENDENDO DOS NENOS E NENAS da psicóloga e psicoterapeuta Milena González.

¿Qué podemos aprender de los niños? 


Esperamos que sexan do voso interese!



06/03/2025

LECTURAS SELECCIONADAS PARA O 8M

O 8 de marzo como Día Internacional da Muller foi adoptado pola Asemblea Xeral da ONU en 1977, aínda que xa comezara a conmemorarse dous anos antes. A súa orixe radica nas manifestacións de mulleres, sobre todo en Europa, que a comezos do século XX reclamaban o dereito ao voto, mellores condicións laborais e a igualdade entre mulleres e homes. 

Temos un exemplo desas mobilizacións o 8 de marzo de 1917, cando as mulleres rusas fixeron folga, reclamando  "Pan e paz". Catro días despois, o zar viuse obrigado a abdicar e o goberno provisional concedeu ás mulleres o dereito de voto.



Poema visual do artista Clemente Padín (1980)

Desde a biblioteca dos tesouros fixemos unha selección de lecturas para que todos os nenos e nenas da escola poidan ler diferentes libros e contos para conmemorar o Día da Muller.

Nestas caixas nenos e nenas atoparán biografías de mulleres relevantes, contos populares reformulados, libros sobre heroínas, contos con personaxes femininos que viven a desigualdade e son quen de afrontala, en definitiva, historias que fan pensar e aprender e aprenden a pensar. 

Esperamos que resulten do voso interese!

  





Arquivo do blog