O mes de marzo é un mes onde coinciden unha morea de commemoracións importantes para unha biblioteca escolar:
- 2º semana de marzo: Semana da Prensa
- 17 de marzo: Día do Cómic e do Tebeo
- 20 de marzo: Día da Narración Oral
- 21 de marzo: Día da Poesía e Día da Marioneta
- 27 de marzo: Día Mundial do Teatro
Este ano centrámonos no Día Mundial do Teatro por ser a temática escollida pola Asesoría de Bibliotecas Escolares como lema do curso 24-25. Coa lenda "Biblioteca escolar, a escena!" a ilustradora Xoana Almar representa unha obra de teatro do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar". Premendo na imaxe poderás descargar o cartaz e ler unha información máis completa sobre o mesmo.
No corredor da escola temos unha pequena exposición de materiais, seleccionados e colocados polos axudantes de biblioteca. Unha morea de libros e marionetas para ler, xogar e interpretar, a disposición de nenos e nenas da escola,
Longa vida ao teatro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario