A primeira Feira do Libro de Galicia sempre é na nosa cidade, Ferrol. Este ano coa lenda de "Onde florecen os libros" ofrecese un programa para todas as idades, con actividades que terán lugar desde o venres 25 ata o domingo 27 de abril.
A pregoeira será Anabel Bello Platas, historiadora e escritora ferrolá. Bello Platas é doutora en Historia e investigadora e é autora de varios libros como "A ceca: a derradeira fábrica de moeda de Galicia" ou "La capilla de Serantes".
https://ferrol.es/Concello/NovasAmpliar/9027
Ainda que hai actividades para todas as idades ofrecemos aquí un pequeno resumo das propostas para público infantil:
- Obradoiro de marcapáxinas plantables (día 25 ás 17:30 horas)
- Obradorio "Desde a antigüidade ata a tecnoloxía: múltiples escrituras". Obradoiro de achegamento á escritura braille (día 25 ás 18:30 horas)
- Obradoiro: Construíndo en familia, un fogar de marabilla (día 26 ás 12.30)
- Teatro para familias "Carapuchiña "(día 26 ás 17:30 horas)
- Contacontos musical con Amence no bosque de 2plicas teatro (día 27 ás 17:30 horas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario