Os buscadores dos tesouros despediron un ano cheo de lecturas cunha xuntanza conxunta dos dous grupos, 6º A e 6º B.
Compartiron unhas saborosas pizzas e despois cubriron unha enquisa para valorar as actividades, lecturas, e aportar ideas para mellorar as propostas o vindeiro curso. Tamén gravaron uns videos animando aos nenos e nenas do curso que ven a apuntarse no club.
Para rematar gravaron un podcast, comentando as lecturas favoritas, que podedes escoitar no seguinte enlace:
https://www.ivoox.com/no-club-lectura-audios-mp3_rf_150633957_1.html
Como agasallo, todos os participantes recibiron un certificado e un marcapáxinas personalizado co seu nome de Silvereira, taller artesán de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario