Este ano pon voz ao manifesto polo Mes da Ciencia en Galego a ferrolá Concepción Paz Penín, enxeñeira industrial, catedrática e doutora pola Universidade de Vigo. Actualmente, dirixe o Departamento de Enxeñaría mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos nesa universidade. Tamén é directora do Centro de Investigación en Tecnoloxía, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX).
"As bibliotecas son parte esencial deste ecosistema: non só como espazos físicos, senón como nodos de encontro, conexión social e aprendizaxe permanente. A súa transformación dixital e social facilita que o coñecemento circule, que a ciencia se comparta e que máis persoas participen activamente, proporcionando as ferramentas para seguir aprendendo, cuestionando e creando. "

Ningún comentario:
Publicar un comentario